
O Muelle 33 nace grazas o meu desexo de voltar, profesionalmente, a miña vila, Fontán, a miña cidade Sada, ós meus orixes.
Entendemos o restaurante como unha experiencia completa, honesta e sostible. Sostible para min, para os meus empregados e para os meus clientes.
Facemos unha cociña de produto, de recordos, tradicional e actualizada, con pratos atemporais, suxerencias de tempada e un pequeno menú para DEIXARSE LEVAR. Todo isto para facer sostible, profesional e divertido o noso, e o voso, restaurante.
A nosa pequena e pensada adega, está formada por pequenos productores, viños singulares e viticultores con personalidade propia e cercana ó noso modo de pensar.
Galicia é o noso día a día, o que aquí queremos transmitir, o que vos queremos ofrecer. Moitas Grazas…
Todos os peixes que comercializamos nesta casa, son salvaxes, de pesca con artes sostibles e das nosas rías galegas.

A cociña do Muelle 33 é unha cociña basada na calidade do noso produto, tradicional pero revisada con técnicas actuais. Os nosos platos van máis aló dun concepto pechado. Pratos atemporais, actualizados, suxerencias basadas no produto de tempada e un menú degustación para disfrutar de toda a esencia do Muelle 33. Disfruta e saborea a cociña tradicional galega, cunha visión actual e chea de personalidade.
A importancia que teñen os postres, para deixar un bó sabor de boca nos nosos clientes, é fundamental. Por iso, primamos a calidade sobre a cantidade e poñemos a túa dísposición, unha reducida, pero exquisita carta de postres. Recorda que podes acompañar as nosas sobremesas coa nosa selección de viños doces.

A nosa adega tamén é especial. Apostamos por unha carta de viños limitada, pequena, pero moi pensada. Apoiamos aos pequenos viticultores que forman pequenas bodegas, pero que crean viños singulares, con personalidade propia. Bodegueiros que concordan coa nosa forma de pensar.


Avda. do Porto 33 · Fontán (Sada)
Whatsapp: +34 666 859 670
Teléfono: 981 042 477
HORARIO APERTURAS
RESTAURANTE
13:45 a 17:30 (Mediodía)
21:00 a 24:30 (Noite)
COCIÑA
13:45 a 15:30 (Mediodía)
21:00 a 22:30 (Noite)
Consultar días de apertura