O Muelle 33 nace grazas o meu desexo de voltar, profesionalmente, a miña vila, Fontán, a miña cidade Sada, ós meus orixes. Entendemos o restaurante como unha experiencia completa, honesta e sostible. Sostible para min, para os meus empregados e para os meus clientes. Facemos unha cociña de produto, de recordos, tradicional e actualizada, con pratos atemporais, suxerencias de tempada, etc…. Todo isto para facer sostible, profesional e divertido o noso, e o voso, restaurante. A nosa pequena e pensada adega, está formada por pequenos productores, viños singulares e viticultores con personalidade propia e cercana ó noso modo de pensar. Galicia é o noso día a día, o que aquí queremos transmitir, o que vos queremos ofrecer. Moitas Grazas…
HORARIO
Lu-Ma-Xo-Ve-Do: 13:30 a 17:30
Sa: 13:30 a 17:30 e 21:00 a 00:30
Me: Pechado
Lu-Ma-Xo-Ve-Do: 13:30 a 17:30
Sa: 13:30 a 17:30 e 21:00 a 00:30
Me: Pechado