Restaurante Sada Muelle 33 - Fontán

O Muelle 33 nace grazas o meu desexo de voltar profesionalmente as miñas orixes.

A miña traxectoria profesional comenza no mesón NORDESTE, a escasos 200 metros do novo local. Xunto co meu irmán Valentín, coa cociñeira Sole, e un gran equipo, conseguimos popularizar esta casa, darlle un nome que aínda hoxe perdura grazas o traballo dos anteriormente citados.
Que millor que unha vila como Fontán... que unha cidade como Sada, para continuar coas miñas inquietudes profesionais, coa miña traxectoria.
Xunto coa miña socia, esposa e tamén cociñeira Ana María Suárez, traballaremos con humildade e profesionalidade para estar a altura de esta fermosa cidade de Sada e dos seus veciños e visitantes.
Mención especial para os meus pais e familia por que sin eles non houbera tido opción de empezar no seu día esta profesión que agora tanto me gusta.
Con oficio, humildade e paixón, para todos vos... MUELLE 33. O teu novo Restaurante Sada.
Alberto García.

Producto

Seleccionamos o mellor producto de proximidade para os nosos platos. Calidad e frescura para un sabor único.

Tradición

Propoñemos unha revisión cun toque vanguardista da nosa cociña tradicional e mariñeira galega.

Sabor

Un homenaxe as antigas casas de comidas dos portos de tradición mariñeira, aos seus sabores e olores únicos.

Cociña aberta

O Muelle 33 ofrece unha proposta gastronómica basada no esforzo, na humildade e honestidade. Unha cociña aberta

A nosa cociña

A idea gastronómica do Muelle 33 está basada na cociña tradicional galega, mariñeira e de corte actual. Tentaremos aproveitar este local con terraza a pé de mar. Cociña aberta e estética, mariñeira, para representar as antigas casas de comidas dos portos... olores e sabores cos seus productos e recordos coa axuda máxica das nosas xentes.

RESTAURANTE SADA · MUELLE 33 · FONTÁN